A avaliación da materia será continua e formativa.
A asistencia ás clases interactivas é obrigatoria. O alumno ou alumna que acumule máis de tres faltas de asistencia deixa de ser asistente pasando a ser avaliado seguindo outros criterios distintos ó alumnado asistente.
A avaliación final consistirá na presentación e defensa dun traballo tutelado grupal ao que lle corresponderá o 70% da nota final e unha proba de ensaio ao que lle corresponderá o 30% da nota final.
Os/As alumnas repetidoras poderán optar á asistencia ás clases ou de non asistir deberan realizar unha proba de ensaio de carácter obrigatorio ao remate do cuatrimestre na data marcada oficialmente pola Facultade e un traballo individual. O traballo individual terá un valor do 30% da nota e a proba de ensaio un 70%. Será imprescindible para aprobar a materia obter cando menos un aprobado tanto no traballo como na proba de ensaio.
O alumnado non presencial debidamente xustificados deberán realizar unha proba de ensaio de carácter obrigatorio ao remate do cuatrimestre na data marcada oficialmente pola Facultade e un traballo tutelado de carácter individual. O traballo individual terá un valor do 30% da nota e a proba de ensaio un 70%. Será imprescindible para aprobar a materia obter cando menos un aprobado tanto no traballo como na proba de ensaio.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na materia na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será calificado de "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidad como na segunda. Para isto procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario.