A materia "Organización e Avaliación de Institucións Educativas" ten carácter de formación básica e impártese no primeiro cuadrimestre do segundo curso do Grao en Educación Infantil.
Esta materia busca desenvolver no estudantado capacidades de descrición, análise, interpretación e valoración do funcionamento dos centros escolares. Pártese de que os centros son institucións complexas, reguladas por normas comúns, pero tamén dotadas de características singulares que fan que se constitúan en espazos privilexiados para o desenvolvemento profesional, a participación e convivencia en democracia, e a innovación educativa. Para iso é necesario deseñar, desenvolver e avaliar proxectos de centro acordes con esa singularidade que contribúan á progresiva autonomía institucional.
Esta materia garda relación con "Teoría da Educación", "Socioloxía da Educación", "Historia da Educación", “Atención á Diversidade: Aspectos Didácticos e Organizativos", “Educación Inclusiva e Multicultural” e, especialmente, coa materia de "Deseño, Desenvolvemento e Avaliación do Curriculum" de 1º curso, dado que as dimensións didáctica-curricular e organizativa non poden entenderse de forma independente unha da outra.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.