Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Infantil |
Asignaturas |
Medio histórico e xeográfico de Galicia e a súa didáctica |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Medio histórico e xeográfico de Galicia e a súa didáctica | Código | 652G01029 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Periodicamente e sistematicamente faranse debates e discusións de ideas previas sobre a motivación, interese e coñecementos con respecto á planificación e desenvolvemento da materia. |
Aprendizaxe colaborativa | Organización en pequenos grupos para traballar conxuntamente na resolución de tarefas sobre temas que xurdan da dinámica da propia materia e temas propostos pola profesora. |
Saídas de campo | Son saídas concibidas para o coñecemento do medio cultural no seu máis amplo ámbito, por medio da aprendizaxe directa. Son a base para a realización de propostas didácticas por parte do alumnado. Poderanse realizar saídas a exposicións, contornos naturais e encraves de interese cultural. |
Sesión maxistral | As explicacións teóricas referiranse ós contidos básicos que forman a estrutura de cada tema. Terán unha orientación claramente didáctica e de aplicación das aprendizaxes nas aulas de Infantil. |
Seminario | Realizaranse traballos en grupo, cun papel decisivo por parte do alumnado no que respecta á participación, discusión, toma de decisións en común, busca de información e documentación, establecemento de metodoloxías, elección de temáticas en relación coa orientación da materia e desenvolvemento dos mesmos. O carácter didáctico será primordial. A profesora guiará esta actividade. |
Análise de fontes documentais | Realizaranse actividades para o coñecemento de fontes documentais de ampla diversidade que acheguen información acerca de contidos e, sobre todo, recursos didácticos en relación co medio histórico e xeográfico de Galicia. |
|