Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Primaria |
Asignaturas |
Psicoloxía do desenvolvemento de 6 a 12 anos |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Psicoloxía do desenvolvemento de 6 a 12 anos | Código | 652G02002 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba obxectiva | A2 B22 B23 | A avaliación teórica consistirá nunha proba obxectiva na que pode haber preguntas de verdadeiro ou falso ou tipo opción múltiple. | 40 |
Portafolios do alumno | A2 A7 A11 B1 B5 B11 C6 C7 | Traballo individual e en grupo que consiste na realización de actividades a facer na aula e fóra dela para cada un dos temas. Estas actividades colaborativas serán basicamente de orientación-execución ou demostración-práctica. Este portafolios que integra as metodoloxías de aprendizaxe cooperativo, traballos tutelados, estudo de casos, presentación oral, glosario análise de fontes documentais... será o material que se contemple na avaliación. Así como, trátase de coñecer e estudar algunhas das variábeis ou factores da aprendizaxe escolar mediante a elaboraración de informes/artigos en base a busca e análise de documentación científica e datos ou propostas educativas que estimulen a desenvolvemento de tales variables. Este traballos faranse en grupo. |
60 |
Observacións avaliación | |||
Teranse en conta dúas opcións. Opción A. ALUMNADO QUE ASISTE E PARTICIPA NA CLASE (>85%): Coñecementos prácticos: Nas clases interactivas levarase a cabo o Portafolio do alumnado en pequeno grupo e individualmente constituíndo o 60% da nota final. O alumnado terá que asistir as clases interactivas para poder facer estas prácticas e entregalas dentro dos prazos establecidos. A asistencia ás prácticas é obrigatoria. Coñecementos teóricos: Mediante a Proba mixta avaliaranse os coñecementos teóricos que constitúen o 40% da nota final. Todas as prácticas e o exame serán puntuados nunha escala de 0 a 10 e logo aplicado o correspondente porcentaxe para o computo na nota final. A cualificación final será a suma entre a cualificación dos coñecementos teóricos e prácticos, esta suma só se realizará cando en cada unha das dúas partes (práctica e teórica) se obteña o 50% da puntuación posible, de non ser o caso a materia consideraríase como non superada. Opción B. ALUMNADO QUE NON ASISTE E PARTICIPA NA CLASE (< 85%) Só se poderán acoller a esta modalidade o alumnado: "Que en aplicación da "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na Universidade da Coruña"(aprobada en Consello de Goberno de 4 de maio de 2017), se lle recoñecera a condición de estudante a tempo parcial e solicitara ao Decano/a acorrespondente dispensa académica quedarán eximidos da obrigatoriedade de asistencia as sesións interactivas." Así como o alumnado de Continuación de estudos na materia (repetidores) Como non pode asistir as clases interactivas terá que realizar as tarefas individualmente dentro dos prazos establecidos. A 1ª e 2ª oportunidade de avaliación terán as mesmas condicións. Segundo o artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC: “A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario” |
|