A finalidade de calquer proxecto formativo, así como o plantexamento desta materia, debe implicar aos estudantes nun proceso de aprendizaxe persoal que traspase os créditos da materia, para dotalos dunha estrutura metodolóxica que lles permita desenvolver a súa futura profesión de forma creativa como mestres de primaria. Precisamente, o motor desta proposta docente é brindar oportunidades de aprendizaxe, de descubrimento de novos saberes, de experimentación e coñecemento dos fenómenos artísticos na educación, en base as motivacións do alumnado. Ademáis, a intención desta materia é que o alumnado entenda o ensino como un proceso artístico, con carácter propio.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías