Recoméndase
os envíos dos traballos telemáticamente e, de non ser
posible, non utilizar plásticos.
Elixir a impresión a doble cara, empregar
papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese
facer un uso sostible dos
recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio
natural. Débese
ter
en conta a importancia dos principios éticos relacionados
cos valores da
sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia
universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia
(usarase linguaxe non sexista, propiciarase a intervención en clase de alumnos
e alumnas...) Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e
influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e
igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e
proporanse accións e medidas para corrixilas. |