Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Primaria |
Asignaturas |
Xogos motores |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Xogos motores | Código | 652G02025 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Traballos tutelados | Realizarase un traballo teórico - práctico. Consiste no deseño e posta en práctica dunha sesión de xogos motores cunha temática asignada pola profesora, para aplicar a un curso concreto de Educación Primaria. |
Sesión maxistral | Os temas correspondentes ao bloque 1 da materia serán expostos na aula a través de diferentes medios: explicación oral, apoio con presentacións informáticas, visualización de materiais didácticos en soporte dixital. |
Aprendizaxe colaborativa | Desenvolveránse un ou varios traballos en pequeno ou gran grupo guiados polas docentes en varias sesións coa finalidade de potenciar o traballo autónomo do alumnado. Este traballo poderá involucrar a outras materias da mención en Educación Física. |
Simulación | Consiste na representación a través do xogo dramático de situacións procedentes da realidade. O alumnado porase baixo condicións hipotéticas a partir dun tema ou situación problema elixido por eles de antemán, ante o cal se pon a proba a súa expresión corporal, capacidade comunicativa, de resolución de problemas e creatividade. |
Actividades iniciais | Ao comezar o curso levan a cabo actividades iniciais tanto na teoría como na práctica para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado para o logro dos obxectivos a alcanzar. Así poderemos coñecer información de interese (punto de partida) para articular mellor a docencia e optimizar os procesos de ensino-aprendizaxe. |
Proba de resposta breve | Ao longo do curso iranse presentando aos alumnos diversas probas ou traballos breves para comprobar o seguimento dos contidos da materia, xa sexa na aula, a través de moodle ou doutras aplicacións online. Algunhas das probas realizaranse individualmente e outras en pequenos grupos. |
Presentación oral | Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. |
Práctica de actividade física | A través desta metodoloxía realizaranse prácticas en diversas instalacións a través dos contidos da materia e aplicados aos diferentes cursos da Educación Primaria. |
|