Teaching GuideTerm Faculty of Educational Studies |
Grao en Educación Primaria |
Subjects |
Foundations of Physical Education in Today's Society |
Assessment |
|
|
Identifying Data | 2023/24 | |||||||||||||
Subject | Foundations of Physical Education in Today's Society | Code | 652G02031 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 2nd four-month period |
Third | Obligatory | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Supervised projects | A58 A59 A60 B1 B5 B6 B14 B21 B22 B23 C8 | Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos en clase. Nel deberá programarse e xustificarse unha proposta docente na que se desenvolvan aspectos concretos do currículo de Educación Física, segundo os principios vistos en clase. O traballo realizarase de forma grupal. O profesorado especificará con antelación os requisitos formais de presentación dos traballos. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados. |
50 |
Short answer questions | A58 A59 A60 B1 B5 B6 B23 C1 | Realizaranse pequenas probas ou traballos breves de aula ao longo do curso. As probas poderanse facer individualmente ou en pequenos grupos. O resultado deste apartado da avaliación é a media das cualificacións obtidas nas probas realizadas durante o curso. | 50 |
Assessment comments | |||
Primeira oportunidade: Para acceder á avaliación descrita anteriormente, será obrigatoria a participación no 80% das horas presenciais da materia. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que fagan media entre eles. Segunda oportunidade: Ao alumnado participase nun 80% das horas presenciais na primeira oportunidade, conservaránselle as cualificacións que alcanzasen a puntuación mínima sinalada polo profesorado. Terá que repetir as partes da avaliación nas que non alcanzase ese mínimo. O alumnado que non participe no 80% das horas presenciais da materia (xa sexan alumnos a tempo parcial, con dispensa académica de exención de asistencia ou por outros motivos), ten á súa disposición un modelo de avaliación alternativo, que será o mesmo para ambas as oportunidades: proba mixta (100%), realizada na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña e na que se deberá demostrar o dominio dos contidos teórico-prácticos da materia. A proba mixta terá dúas partes e será preciso aprobar ambas para facer media e superar a materia. No caso de non superar unha das partes a nota será a da parte suspensa. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. Os traballos desta materia entregaranse de forma electrónica, procurando o uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio ambiente. O mesmo obxectivo terán as saídas de campo, tratando en todo momento de que o impacto ambiental sexa mínimo. Asemade deberase incorporar a perspectiva de xénero nos traballos e exposicións nesta materia. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas fomentando valores de respecto e igualdade. Na asignatura facilitarase a plena integración do alumnado facilitando o acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. NOTA: as metodoloxías de “Práctica de actividade física” e “Saídas de campo” están suxeitas á posibilidade de garantir as medidas de seguridade dos participantes. Se non se dan as condicións de seguridade adecuadas, estas metodoloxías poderán substituírse por sesións de aula. |
|