Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Primaria |
Asignaturas |
Diagnóstico pedagóxico |
Resultados de aprendizaxe |
|
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Diagnóstico pedagóxico | Código | 652G02039 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Resultados de aprendizaxe | Competencias / Resultados do título | ||
Coñecer e contrastar os diferentes modelos de diagnóstico educativo, estimando o máis adecuado en relación aos procesos de aprendizaxe individual e á interacción e comunicación no contexto familiar, social e escolar, relativos ao período de 6-12 anos. | A1 A7 A11 |
B18 B21 B22 |
C3 |
Comprender e ser capaz de explicar as características do alumnado de 6-12 anos, o desenvolvemento da súa personalidade e motivacións e as súas posibles disfuncións e/ou dificultades de aprendizaxe. | A2 A3 A4 |
B9 B21 B22 B23 |
C1 C4 |
Identificar as posibles dificultades de aprendizaxe dentro e fóra da aula do alumnado de 6-12 anos, aplicando xuízos que son trasladados ás persoas involucradas e que contribúen ao seu tratamento. | A4 A6 A7 |
B22 B23 B24 |
C1 |
Apreciar a diversidade de capacidades e ritmos de aprendizaxe na aula e fóra dela, estimando os mecanismos e estratexias adoitadas para a resolución de situacións que afectan ao proceso educativo do alumnado. | A6 A7 |
B9 B13 B23 |
|
Dominar e facer uso das habilidades sociais, comunicativas e profesionais necesarias para entender ao alumnado e ás familias e facerse entender por todos eles, para exercer as funcións de tutor/a e/ou orientador/a en relación á educación familiar e para establecer lazos de cooperación e comunicación coas familias e a comunidade. | A11 A20 A21 A22 |
B24 |
C1 C4 |
Investigar, de forma autónoma e/ou colaborativamente, novas formas de ensinar e de manter un coñecemento actualizado sobre o propio campo profesional. | B1 B14 B17 |
C3 |
|
Emitir xuízos de valor argumentados, acerca dunha realidade, contrastando as súas opinións coas doutros profesionais do campo e contribuíndo á resolución conxunta dos problemas dentro da área de estudo con base na ética e na responsabilidade do traballo docente. | B6 B9 B14 B22 B24 |
C1 |
|
Valorar de xeito crítico as propias habilidades de aprendizaxe e a súa necesidade de formación ao longo da vida. | B1 B21 B25 |
C5 C7 |
|