Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinador
Casás Salgado, Rafael Carlos
E-mail
rafael.casas@udc.es
Lecturers
Casás Salgado, Rafael Carlos
E-mail
rafael.casas@udc.es
Web
General description
Esta asignatura ofrécese como optativa a tódolos alumnos do Grao en Educación Primaria, para que poidan acadar unha formación verdadeiramente integral en tódalas dimensións da persoa; pois a dimensión espiritual e relixiosa é imprescindible para comprende-lo noso mundo (aínda que só sexa como feito cultural).
Nesta materia, os alumnos poderán coñecer mellor o feito relixioso en xeral, as principais relixións en particular e o cristianismo de xeito especial. Tamén, se achegarán ós valores ético-cívicos que promove o cristianismo, estudarán as razóns polas que o noso ordenamento xurídico defende o dereito á educación relixiosa na escola, e traballarán o currículo académico de "Relixión e Moral Católica". Finalmente, farán un achegamento á Biblia e á historia da Igrexa.
Recordamos que nesta Facultade de Ciencias da Educación se imparte o posgrao, título propio da UDC, "Curso de Especialización en Didáctica Escolar da Teoloxía Católica" (DETECA). Este posgrao "DETECA", sumado á materia de "Relixión, Cultura e Valores", completan os créditos necesarios para solicita-la "Declaración Eclesiástica de Competencia Académica" (DECA) e poder exercer como profesor de "Relixión e Moral Católica" en Infantil e Primaria.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.