Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Tecnoloxías da información e a comunicación social
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Tecnoloxías da información e a comunicación social Código 652G03009
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Iglesias Amorin, Fernando
Correo electrónico
f.amorin@udc.es
Profesorado
Iglesias Amorin, Fernando
Correo electrónico
f.amorin@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle
Descrición xeral A materia de “Tecnoloxías da información e a comunicación social” forma parte do plan de estudios do Grao en Educación Social no módulo de “Educación, Tecnoloxía e Comunicación social”. Impártese no primeiro curso, é unha materia Básica de 6 créditos, o que representa 150 horas de traballo do estudante. Os seus descritores están asociados ao módulo “Educación, Tecnoloxía e Comunicación social”, no que se integra esta materia. Estes descritores son: fenda dixital, sociedade e educación; cibersociedade e redes educativo/sociais en Internet; comunidades virtuais-redes sociais: proxectos y propostas innovadoras; os medios de comunicación na sociedade da información; análise crítico de produtos mediáticos; audiencias e creación de significados; ferramentas e programas para a elaboración de contidos educativos colaborativos; comunicación, colaboración e cooperación de intercentros educativo/sociais na rede. Esta materia pretende o desenvolvemento de capacidades que permitan ao alumnado configurar un marco integrador e interrelacional da súa práctica no ámbito da educación social, con capacidade para analizar de forma crítica o papel das TIC na sociedade e integralas nos diferentes ámbitos socioeducativos tanto para o seu desenvolvemento profesional, así como un elemento favorecedor da inclusión da diversidade que caracteriza a sociedade. Os principais temas e núcleos de coñecemento que se abordarán están orientados ao estudo e análise da sociedade da información e da aplicación dos medios na acción socioeducativa para a integración das TIC nos ámbitos de traballo dos educadores sociais.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes