A materia de “Tecnoloxías da información e a comunicación social” forma parte do plan de estudios do Grao en Educación Social no módulo de “Educación, Tecnoloxía e Comunicación social”. Impártese no primeiro curso, é unha materia Básica de 6 créditos, o que representa 150 horas de traballo do estudante.
Os seus descritores están asociados ao módulo “Educación, Tecnoloxía e Comunicación social”, no que se integra esta materia. Estes descritores son: fenda dixital, sociedade e educación; cibersociedade e redes educativo/sociais en Internet; comunidades virtuais-redes sociais: proxectos y propostas innovadoras; os medios de comunicación na sociedade da información; análise crítico de produtos mediáticos; audiencias e creación de significados; ferramentas e programas para a elaboración de contidos educativos colaborativos; comunicación, colaboración e cooperación de intercentros educativo/sociais na rede.
Esta materia pretende o desenvolvemento de capacidades que permitan ao alumnado configurar un marco integrador e interrelacional da súa práctica no ámbito da educación social, con capacidade para analizar de forma crítica o papel das TIC na sociedade e integralas nos diferentes ámbitos socioeducativos tanto para o seu desenvolvemento profesional, así como un elemento favorecedor da inclusión da diversidade que caracteriza a sociedade.
Os principais temas e núcleos de coñecemento que se abordarán están orientados ao estudo e análise da sociedade da información e da aplicación dos medios na acción socioeducativa para a integración das TIC nos ámbitos de traballo dos educadores sociais.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.