Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais obtidos a partir da análise dunha realidade (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Daranse indicacións específicas para orientar a análise dos datos audiovisuais derivados do achegamento á realidade para a súa diagnose. |
Discusión dirixida |
Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador. Estará orientada a coñecer e diagnosticar a realidade sobre diversas cuestións de índole social que poden estar a incidir na comunidade educativa. Daranse indicacións máis pormenorizadas sobre a súa realización. Servirá para realizar propostas reflexivas dende a materia a distintos actores sociais. |
Estudo de casos |
Proporanse casos reais dos medios de comunicación ou simulacións ou documentos audiovisuais para a súa análise. |
Proba de ensaio |
Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Permitirá medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. |