Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Subjects
  Occupational Guidance
   Methodologies
Methodologies Description
Document analysis A análise de fontes documentais afonda nas dimensións teóricas e legais dalgunhas temáticas do programa e no coñecemento de recursos para o deseño do programa de orientación ocupacional. Nesta metodoloxía diferéncianse dous momentos e dúas modalidades de traballo, que se relacionan coas fases da clase invertida:
a) Fóra da aula, traballo individual (lectura e/ou visionado dos documentos e/ou recursos audiovisuais.
b) Nas aulas interactivas, posta en común e traballo grupal no deseño dos distintos apartados do programa de acción socioeducativa (PAS).


Oral presentation Consiste na presentación e defensa no grupo clase do traballo tutelado.
Directed discussion É unha actividade optativa que formaba parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social" Tátase dun auto-diagnóstico invididual e grupal sobre a propia situación socilolínguúística no que se valoran a competencia, os usos e crenzas lingüísticas. A partir deste autodiagnóstico reflexivo e compartido terán que formular os retos relativos ós usos e mellora da competencia ós que se comprometen no cuadriamestre. A partir dos preconceitos e estereotipos detectados realizarase unha discusión dirixida. As conclusións desta actividade terán que quedar reflectidas por escrito. Ao final do cuadrimestre terán que facer un balance sobre os retos acadados. Esta actividade puntúa até 1 punto na cualificación como actividade optativa.
Collaborative learning A aprendizaxe colaborativa ten un carácter transversal na medida en que está presente na maioría das "metodoloxías" descritas, principalmente no traballo tutelado.
Guest lecture / keynote speech
O método expositivo vai ser utilizado para presentar as temáticas relacionadas cos subretos do ABP
Supervised projects Adopta as características da aprendizaxe basada en proxectos. O reto é o deseño dun programa de orientación ocupaciona para un grupo de persoas en situación de vulnerabilidade ou exclusión social. Esta tarefa é grupal e nela converxen a aprendizaxe colaborativa e a análise documental.
Mixed objective/subjective test Constará de preguntas curtas de análise e reflexión sobre os contidos teóricis e de cuestións prácticas relacionadas cos distintos elementos do programa de orientación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes