A asistencia ás sesións é obrigatoria e se xustifica en base
a que as clases son moi interactivas e se traballan aspectos procedimentais e
actitudinais que son necesarios para aprobar a materia, polo tanto, nesta
materia non procederá a dispensa de asistencia ao alumnado. O alumnado con asistencia regular, que non acuda a unha clase na que se
realice algunha actividade, terá que facela individualmente e entregala no
prazo indicado na clase. Se un/ha alumno/a non acada o 80% da asistencia e/ou non presenta o portafolio, terá unha cualificación de non presentado. A cualificación final será o resultado da puntuación obtida no portafolio
do alumnado, sendo indispensable obter a metade da cualificación para superar
a materia. Na oportunidade de xullo, o alumnado realizará un exame teórico sobre os contidos tratados na aula.
Será primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía,
acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames realizados
como condición imprescindible para superar a materia.
PLAXIO: O plaxio en calquera das actividades realizadas durante a
materia, incluído o portafolio, será motivo de suspenso.
FALSIFICACIÓN DUNHA FIRMA: Asinar na folla de asistencia por un/unha
compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa perda de avaliación
continua. Cualificación de suspenso na convocatoria en
que se cometa a falta e respecto da materia en que se
cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota
numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade
como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación
na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. NORMATIVA ACADÉMICA DE AVALIACIÓNS, CUALIFICACIÓNS E RECLAMACIÓNS
https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf
|