Nesta materia, a presenza e implicación do alumno/a é fundamental. De aí que o profesor desbote a posibilidade (agás os casos do alumnado con dispensa académica) de realizar unha proba mixta. Xa que logo, a avaliación centrarase no libro forum, na deriva e na realización dunha proposta en parellas de carácter educativo e/ou cultural.
A práctica da deriva é individual. O esforzo realizado, a orixinalidade, a coherencia interna e a súa presentación serán evaluadas polo profesor.
A proposta educativa-cultural por parellas será avaliada tendo en conta o seu marco teórico, obxectivos, contidos, desenvolvemento, así como formato e bibliografía consultada para superar a actividade positivamente. Entregarase como data tope o último día de clase.
Aquelas persoas que non accedan con regularidade (é dicir, un mínimo do 80%) ás clases deberán cursar a materia na maneira que se explica na "Atención personalizada". En todo caso, todas as actividades que propoña o profesor son revisables para a avaliación final e o alumno/a en cuestión deberá asistir á preceptiva titoría co profesor para aclarar estos aspectos avaliativos.
Por ser esta materia impartida integramente en lingua galega, será tamén esa a lingua enque o alumnado deberá expresarse no desenvolvemento da asignatura, tanto oralmente como por escrito.
O alumnado deberá superar as tres actividades para superar a materia.