A asistencia, actitude e participación en clase (clases teóricas e de docencia interactiva), poderá ter un efecto modulador de ata un 10% sobre a cualificación final.
Para aprobar a materia, o alumnado deberá obter una puntuación global mínima de 5 puntos, sobre 10 (equivalente a un 50% do global). A puntuación global é o resultado de sumar as puntuacións obtidas na proba obxectiva, a asistencia ás clases interactivas, elaborando unha memoria sobre as mesmas, e o posible efecto modulador da asistencia, actitude e participación en clase.
“Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”: Se non hai posibilidads de asistencia e participación nas clases interactivas, a calificación poderá derivarse exclusivamente da puntuación obtida no examen (o 100%).
Implicacións da fraude académica na realización das probas ou actividades de evaluación (Atendendo a modificación do artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC):
Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.