Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Subjects
  New Information and Communication Technologies Applied to Language Therapy
   Recommendations

Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments
  1. Asistir ás sesións presenciais.
  2. Realizar o traballo de forma continua ao longo de todo o curso.
  3. Levar a cabo un adecuado traballo en equipo e cooperativo.
  4. Asistir a titorías sempre que se teñan dúbidas.
  5. Traballar de forma individual e en grupo con todos os documentos, artigos, presentacións e demais recursos de cada bloque.
  6. Preparar de forma adecuada as presentacións orais.
  7. Realizar algún curso de manexo de ferramentas informáticas se é preciso.
Débese facer un uso sostible dos recursos e ter en conta a prevención de impactos negativos sobre o medio natural, tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 
Coa intención de promover o compromiso e a responsabilidade na xestión e o uso dos recursos, o alumnado deberá ter en conta procedementos de boas prácticas a nivel ambiental, tales como a entrega dos traballos de xeito telemático a través de plataformas virtuais (fundamentalmente empregaremos moodle e Teams). 
Igualmente, débese empregar unha linguaxe inclusiva. 
Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos, actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes