Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Xerontoloxía
 Asignaturas
  Xerontoloxía Clínica II
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Valoración en Xerontoloxía/653540002
Intervención en Xerontoloxía/653540003
Xerontoloxía Clínica I/653540005

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Patoloxía e Intervención Xeriátrica/653540008

Materias que continúan o temario

Observacións

Recomendacións xerais para o estudo da materia:

  • Asistencia regular ás clases
  • Realización das prácticas de laboratorio
  • Estudo diario dos materiais impartidos e da bibliografía básica
  • Consulta da bibliografía complementaria recomendada
  • Participación e discusión activa nas actividades que se organizan
  • Iniciación ao manexo e xestión da folla de cálculo de Microsoft Excel

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia:

  • Usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...
  • Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
  • Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

GREEN CAMPUS: Para axudar a conseguir un entorno inmediato sustentable e cumprir co obxectivo estratéxico 2 do "V Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2023-2025)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

  1. Maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático.
  2. De realizarse en papel:
  • Non se empregarán plásticos
  • Realizaranse impresións a dobre cara
  • Empregarase papel reciclado
  • Evitarase a realización de borradores
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes