CRITERIOS DE AVALIACIÓN: é necesario aprobar o exame para sumar o resto das calificacións.
MATRICULA PARCIAL e/ou con DISPENSA ACADÉMICA: deben poñerse en contacto coa profesora coordinadora da materia ao comezo do curso. Poderán realizar o mesmo proceso de avaliación que o descrito para a PRIMEIRA OPORTUNIDADE ou unha proba obxectiva final, sendo necesario acadar 5 puntos para superar a materia.
SEGUNDA PROBABILIDADE E OUTROS. Poderán realizar o mesmo proceso de avaliación que o descrito para a PRIMEIRA OPORTUNIDADE ou unha proba obxectiva final, sendo necesario acadar 5 puntos para superar a materia.
OPORTUNIDADE ADIANTADA. A avaliación consistirá nunha proba obxectiva para acadar 5 puntos para superar a materia.
MATRICULA DE HONRA. Pode outorgarse ás puntuacións máis altas por encima de 9.
NON PRESENTADO. A nota de Non presentado corresponderá ao alumnado que non realizou a proba mixta e que non acadou previamente a puntuación total de 5 nas outras actividades de avaliación.
"A realización fraudulenta das probas
ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a
cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será
cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do
curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".