1.- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir cos obxectivos estratéxicos do "V Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2023-2025)", os traballos documentais que se realicen na materia: a.- Na súa maioría,
solicitaranse en formato virtual e soporte informático. b.- De realizarse en
papel: - Non se empregarán
plásticos.
- Realizaranse
impresións a dobre cara.
- Utilizarase papel
reciclado.
- Evitarase a
impresión de borradores.
2.- O profesor responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou noutros aspectos da materia, os cales serán notificados ao alumnado coa suficiente antelación. 3.- Durante o período da materia no primeiro cuadrimestre, e sen que supoña unha alteración na asistencia do alumnado a outras actividades académicas, poderanse programar seminarios ou obradoiros para afondar en certos contidos e técnicas específicas que complementen o desenvolvemento da materia.
4.- O docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da Universidade da Coruña ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un(ha) estudante no desenvolvemento dos seus traballos ou exames. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente cualificación de suspenso '0' na materia, na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á oportunidade extraordinaria. 5.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. |