1.- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "IV Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2020-2022)", os traballos documentais que se realicen nesta materia: a.- Na súa maioría se
solicitarán en formato virtual e soporte informático. b.- De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a
dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de
borradores.
2.- A docente responsable
resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou outros
aspectos que serán notificados aos estudantes coa suficiente antelación. No caso de confinamento levarase a cabo o plan de contixencia. 3.- Durante o período lectivo
da materia, e sen que supoña unha alteración na asistencia do alumnado a outras
actividades académicas, poderán programarse seminarios ou obradoiros de
carácter optativo para afondar en certos contidos e técnicas moi específicas
que complementan o desenvolvemento da materia. 4.- A docente responsable da
materia aplicará a correspondente normativa da UDC ante a detección de calquera
tentativa de plaxio motivada por un/unha estudante da materia no
desenvolvemento dos seus traballos. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria. |