A cualificación final da materia farase de acordo aos seguintes criterios:
1) Avaliación final, realizada de acordo ao calendario oficial de exames, mediante exame que contribuirá ao 65% da cualificación final. Dita avaliación consistirá nun exame tipo test, que constará de corenta preguntas con catro respostas cada unha das cales unicamente unha será correcta. As preguntas mal contestadas restarán 0,33 puntos sobre as correctas, non restando as non contestadas. Para superar o exame o alumno deberá obter unha puntuación final do 65% do total unha vez restados os puntos das falladas. Ex.; 30 ben, 4 mal e 6 non contestadas. A puntuación final será 30-4*0,33=28,68>26 (Superado). Sendo a táboa de equivalencias unha vez obtida a puntuación final a seguinte:
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13
0,2 0,4 0,6 0,8 1 1,2 1,3 1,5 1,7 1,9 2,1 2,3 2,5
14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26
2,7 2,9 3,1 3,3 3,5 3,7 3,8 4,0 4,2 4,4 4,6 4,8 5,0
27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 5,4 5,7 6,1 6,4 6,8 7,1 7,5 7,9 8,2 8,6 8,9 9,3 9,6
40
10. No tramo de 1 a 26 respostas correctas, cada resposta correcta computa
0,19 puntos e no tramo de 27 a 40 respostas correctas, cada unha computa 0,36
puntos. 2) O resto das actividades computarán o 35% da cualificación final do seguinte xeito: 2.1.) Asistencia a Docencia Expositiva e Docencia Interactiva (ata o 7%). Neste caso, o/a alumno/a deberá asistir polo menos ao 75% da docencia presencial. 2.2.) Visita a un Centro Sociosanitario (ata un 3%) ou actividade similar. O/a alumno/a deberá entregar unha memoria sobre a actividade realizada. 2.3.) Estudo de casos e Traballo Tutelado (ata o 25%). Inclúe revisión bibliográfica sobre o tema obxecto de estudo, así como desenvolvemento dun caso clínico de acordo ás competencias adquiridas na docencia interactiva. O alumno poderá obter positivos por participación en actividades organizadas ou recomendadas polos profesores da materia (sesións científicas, congresos, proxectos de investigación...). A puntuación outorgada será a criterio do profesorado responsable. Para superar a materia haberá que superar cada unha das partes sometidas a avaliación. de tal xeito que aínda que a un/ha alumno/a a suma das actividades realizadas máis a cualificación do exame superen o 5, a súa puntuación, caso de non superar algunha das partes será a referida á parte con máis cualificación das suspendidas. O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional Sistema de cualificacións: 0-4,9=Suspenso 5-6,9=Aprobado 7-8,9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honra.
ALUMNADO CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA, segundo estable a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC” (Art.3.b e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b), a cualificación referida á asistencia á aula así como a visita ao centro xerontolóxico, será substituída pola realización dun traballo práctico vinculado a dita formación. Ademais, en titorías personalizadas explicaráselles o traballo realizado na aula para que podan realizalo adecuadamente no seu domicilio.
IMPORTANTE: - A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a perda do dereito á oportunidade na que se cometa a falta e respecto da materia na que se tivese cometido. Cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese:
o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria
correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na
primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
Segundo se recolle nas distintas
normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a
perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase
bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase
de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e
actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores
de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por
razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas