1.- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "V Plan de Acción do Programa Green Campus (2023-2025)", os traballos documentais que se realicen nesta materia: a.- Na súa maioría, solicitaranse en formato virtual e soporte informático. b.- De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores.
2.- A profesora responsable da materia resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou noutros aspectos, que serán notificados ao estudantado coa suficiente antelación.
3.- Durante o período lectivo da materia, e sen que supoña unha
alteración na asistencia do alumnado a outras actividades académicas, poderán
programarse seminarios ou obradoiros de carácter optativo para afondar en
certos contidos e técnicas moi específicas que complementarán o desenvolvemento
da materia.
4.- A docente responsable da materia aplicará a
correspondente normativa da UDC ante a detección de calquera tentativa de
plaxio motivada por un/unha estudante da materia no desenvolvemento dos seus
traballos. |