Os aspectos e criterios que se terán en consideración ao avaliar as actividades que se farán en torno á devandita metodoloxía son a asistencia, participación e compromiso individual e grupal, con coherencia dos contidos abordados e adquisición de competencias referidas para esta materia.
En concreto:
- Asistencia, mínimo do 80%: cumprindo esta porcentaxe obteranse 5 puntos.
- Traballo e presentación dunha temática (obrigatorio): máximo 4 puntos.
- Aprendizaxe e servizo (proposta dunha temática que permita realizar unha aprendizaxe que mellore as necesidades da contorna): máximo 1 punto.
O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso, 5-6.9=Aprobado, 7-8.9=Notable, 9-10=Sobresaliente, 9-10 Matrícula de Honra (Graciable).
A docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da Universidade da Coruña ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un(ha) estudante no desenvolvemento dos seus traballos. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente unha cualificación de suspenso (nota numérica '0') na convocatoria en que se cometa a falta, tanto se a falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario.