Dada a amplitude de ámbitos que abarca o concepto de Patrimonio Cultural, o obxectivo fundamental da materia é aproximar ao alumnado a todos eles tendo en conta a súa vinculación co fenómeno turístico.
Prestarase unha especial atención á xestión do patrimonio e ao papel e importancia das persoas expertas en turismo con relación a ela. Farase especial fincapé no patrimonio histórico-artístico.
A materia pretende despertar a curiosidade e sensibilizar ao alumnado sobre o valor e fraxilidade do patrimonio, fonte de recursos fundamental para o turismo.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías