Traballos tutelados |
A5 B7 C3 |
Avaliarase o traballo do alumnado en canto a corrección de datos, formato adecuado, claridade e presentación. |
20 |
Proba de resposta múltiple |
A1 B5 B6 |
Avaliarase (sobre 10) sumando 1 punto por cada resposta correcta e restando medio punto por cada resposta incorrecta |
10 |
- 1ª Oportunidade: A nota da materia será a suma ponderada das obtidas en cada metodoloxía de avaliación se se obtén un mínimo de 4 (sobre 10) na proba final. En caso contrario a nota será a mínima entre dicha suma e 4.
- Alumnado con recoñecemento de dispensa académica de asistencia: Non haberá diferenzas na maneira de avaliar.
- 2ª oportunidade ou adiantada: Non se avaliará a metodoloxía solución de problemas. A proba de resposta múltiple puntuará o dobre. O alumnado terá que repetir as metodoloxías non superadas na primeira oportunidade. A nota da materia será a suma ponderada das obtidas en cada metodoloxía de avaliación se se obtén un mínimo de 4 (sobre 10) na proba final. En caso contrario a nota será a mínima entre dicha suma e 4.
- Cualificación de Non Presentado (NP): En todas as oportunidades o alumnado que non acuda ao exame final terá a cualificación de NON PRESENTADO
- Implicaciones da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
- Atención á diversidade: a materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, cos servizos disponíbeis na UDC, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo.
|