Teaching GuideTerm 2023/24
Faculty of Tourism
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Subjects
  Regional Tourism Resources
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workbook A4 A5 A7 A8 A9 A23 Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados 20
Oral presentation A9 A23 A29 A32 A34 A35 B1 B2 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O Alumno fará unha presentacion oral dun trabalo de elaboración propia que recolla as apartacions teórcas da materia:
A a partires dun territorio, ruta o intanxible
elaborará un inventario de recursos, analizará os factores de loscalización turística e fara un proposta de desenvolvemento.
40
Mixed objective/subjective test A1 A3 A4 A5 A7 A8 A9 A14 A18 A19 A23 A25 A27 A28 B1 B2 B3 B4 B5 C1 Se realizará unha proba teórica na que o alumno dara conta dos conceptos teóricos adquiridos durante o curso. A proba poderá constar de preguntas corta, pregunta tipo test , comentario de texto, pregunta longa e/ou comentario de diapositivas. 40
 
Assessment comments

Para os alumnos con matrícula ordinaria as porcentaxes serán
de 40% para a proba mixta e de 60% para a suma da presentación oral e ás lecturas.

O alumnado con recoñecemento de dispensa académica de exención de asistencia, concedida oficialmente pola UDC
segundo a súa normativa, deberá facer os traballos obrigatorios non
presenciais, e facelos chegar ao profesor para á súa avaliación. Neste caso, o
exame, que será específico para estes alumnos, terá un valor do 80% da
cualificación, sempre que obtivesen un mínimo de 5 sobre 10 na parte práctica.

En todos os casos, para que as porcentaxes entren en
funcionamento é necesario obter polo menos un cinco (5) en cada unha das
partes. No caso de suspender unha delas a materia quedará suspensa e indicarase
como cualificación final a obtida na parte que non fose aprobada, xa sexa
Avaliación Continua ou Proba Obxectiva. No caso de producirse a entrega de
traballos, pero non acudir á realización da proba mixta, a cualificación
será de Non Presentado.

A avaliación será igual na primeira e na segunda
oportunidade

En caso de convocarse a oportunidade adiantada, a proba
mixta suporá o 100% da cualificación

Perspectiva de Xénero: Segundo se recolle nas
distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar
a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista,
utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a
intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e
modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para
modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar
situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas
para corrixilas.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que
precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física,
visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental).
De ser o caso, deberán contactar cos servizos dispoñíbeis na UDC/no Centro: nos
prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuadrimestre académico,
coa Unidade de Atención á Diversidade
(https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa titora ADI
da Facultade de Turismo.

Implicacións da fraude académica na realización das probas
ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas ou
actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a
cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto
da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso”
(nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a
comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para
isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira
oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes