Normativa en materia de igualdade De acordo con a normativa en materia de igualdade,
nesta materia aplícase a perspectiva de xénero mediante linguaxe non sexista e
inclusivo, bibliografía de autores/as de ambos os sexos etc. Así mesmo
fomentaranse valores de respecto e igualdade e en caso de detectarse situacións
de discriminación por razón de xénero, adoptaranse as accións e medidas
necesarias para corrixilas. Recomendación de carácter xeral: Recomendamos ao alumnado que planifique o seu traballo durante todo o curso, seguindo a materia de forma continuada e realizando puntualmente as tarefas. O continuo esforzo permitiralle levar a materia de forma cómoda, apoiar os contidos novos nos previamente adquiridos e asumir as pautas así como o ritmo de traballo que irá marcando o profesor. Nesta liña, o alumnado deberá facer as frases e os exercicios propostos para a sesión na que se vaian a corrixir. As actividades prácticas están relacionadas coa teoría que se trate en cada momento e, por iso, a súa realización debe ir á vez co estudo desta. O alumnado deberá estudar de forma crítica e selectiva, aprendendo a distinguir os contidos teóricos fundamentais dos exemplos e deberá saber relacionalos. A participación e implicación no traballo colectivo permitiranlle asentar os contidos e desenvolver a súa capacitación comunicativa. O profesor proporcionará ao alumnado as pautas de estudo e traballo e resolverá as dúbidas expostas. |