Guía DocenteCurso Facultade de Turismo |
Grao en Turismo (a distancia) |
Asignaturas |
As TIC Aplicadas ao Turismo |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | As TIC Aplicadas ao Turismo | Código | 662G01023d | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas a través de TIC | A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Avaliación dunha serie de prácticas sobre o contido da materia. | 20 |
Proba obxectiva | A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | A proba obxectiva consistirá na resolución de varias cuestións do módulo correspondente á aplicación GDS. Esta proba poderá combinar distintos tipos de preguntas: resposta múltiple, verdadeiro/falso, completar e resposta breve. |
25 |
Traballos tutelados | A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Realización dun informe sobre a reputación online dun hotel, cuxos criterios de avaliación poderán ser consultados na plataforma Moodle. |
20 |
Proba práctica | A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Esta proba consistirá en resolver diferentes exercicios usando a aplicación informática axeitada ao caso. | 35 |
Observacións avaliación | |||
Primeira oportunidadeA cualificación final da materia obterase da ponderación das 4 partes xa mentadas: Proba obxectiva (25%), Proba práctica (35%), Prácticas a través de TIC (20%) e Traballos tutelados (20%). Aquelas partes que teñan unha cualificación inferior a 4 puntos deberán ser repetidas na segunda oportunidade, independentemente da media obtida (de darse esta situación, e se a media é superior a 5, a cualificación final constará como 4,5. Terá a cualificación de Non presentado o alumnado que non faga o traballo tutelado, ningunha das prácticas a través de TIC e as probas obxectiva e práctica. Segunda oportunidadeO alumno quedará liberado das partes xa superadas na primeira oportunidade, tan só terá que repetir as partes indicadas polo profesor no seu momento. Terán a cualificación de Non presentado os alumnos/as que non fagan ningunha das partes pendentes. Convocatoria adiantada A avaliación na convocatoria adiantada consistirá nun exame teórico-práctico do temario da materia. O alumnado deberá poñerse en contacto co docente para acordar con exactitude os contidos e criterios da devandita proba. Copia e/ou plaxio: Implicaciones da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a Artigo 14 das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grado e mestrado da UDC. |
|