Guía DocenteCurso Facultade de Turismo |
Grao en Turismo |
Asignaturas |
Interpretación do Patrimonio |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Interpretación do Patrimonio | Código | 662G01038 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe. Consistirá nunha presentación persoal e unha valoración dos coñecementos previos relacionados coa materia |
Aprendizaxe colaborativa | Traballos e resolución de tarefas en grupo, que poden ir dende a análise dunha visita guiada ou dun equipamento, á realización de percorridos guiados. |
Recensión bilbiográfica | Lectura crítica dun libro e de artigos sobre a materia. |
Saídas de campo | Actividades desenvolvidas in situ nun contexto externo ao contorno académico universitario relacionadas co ámbito de estudo da materia. Son de suma importancia para a comprensión dos contidos que o alumnado deberá aplicar ao "saber facer". |
Sesión maxistral | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Nela impartiranse os contidos necesarios para poder aplicar á parte práctica. |
Simulación | Consiste na realizacion de visitas guiadas para escolares da cidade. Están directamente relacionadas coa metodoloxía de apendizaxe colaborativa e teñen un protagonismo fundamental na parte do "saber facer" desta materia. |
Traballos tutelados | Metodoloxía referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Consiste na realización de varios traballos de análise, planificación e deseño de contidos que poderán elaborarse individualmente ou en grupo, seguindo as indicacións da profesora. Constitúen unha parte importante da avalación. |
|