Teaching GuideTerm 2023/24
Faculty of Tourism
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Subjects
  Strategic Tourism Business Management
   Methodologies
Methodologies Description
Case study O alumnado terá que resolver situacións problemáticas concretas, a partir dos coñecementos que se traballaron en clases. Esas actividades serán propostas ao longo do curso e poderán ser resolvidas presencialmente en clases ou con traballo autónomo do alumnado.
Supervised projects Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado, baixo a tutela da persoa docente e en escenarios variados (académicos e profesionais). Nesa metodoloxía o alumnado asume a responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do estudantado e o seguimento desa aprendizaxe polo docente-titor. O alumnado poderá realizar o traballo baixo a metodoloxía de Aprendizaxe e Servizo ApS, desenvolvendo o seu traballo nun contexto real e en conxunto con outros colectivos

Nas titorías planificarase o traballo que debe presentar o alumnado a final de curso. Nesa etapa poderase traballar tamén coa metodoloxía COIL para intercambio online entre o alumnado da materia con alumnado de outras universidades.
Mixed objective/subjective test O exame presencial incluirá, non exclusivamente, problemas prácticos e preguntas teóricas obxectivas/subxectivas (preguntas de resposta verdadeiro-falso, tipo test, e/ou preguntas de resposta curta, e/ou preguntas de resposta longa, e/ou preguntas sobre o estudo de casos) relacionadas coa materia.
Seminar Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. O docente irá propor temas para a discusión do alumnado. Nesta tarefa o alumnado deberá elaborar documentos e achegar conclusións que serán debatidas en clases.
Guest lecture / keynote speech Nesa actividade traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción de coñecemento. Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes