Guía DocenteCurso Facultade de Turismo |
Grao en Turismo |
Asignaturas |
Xestión de Recursos Humanos |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Xestión de Recursos Humanos | Código | 662G01043 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición oral do/a profesor/a dos temas da materia nas sesións online, as cales quedarán gravadas a disposición do alumnado. Tamén facilitase ao alumnado o material correspondente a cada tema a través de Moodle. |
Estudo de casos | Estudo de casos e situacións reais de empresas turísticas e do ámbito laboral actual dos cales se facilitará ao alumno/a datos concretos extraidos de informes, reportaxes e noticias de prensa así como doutros documentos audiovisuais de interese. Propoñeranse exercicios relacionados cos temas que se irán concretando ao longo do curso. |
Traballos tutelados | Realización de traballos prácticos obrigatorios tutorizados individuais ou en grupos reducidos sobre diversas situacións empresariais relacionadas có sector. No devandito traballo o alumno/a ten que planificar/deseñar e clasificar os recursos humanos e as súas capacidades segundo tipo de empresa. |
Proba mixta | Exame mixto onde haberá unha parte test que valora a aprendizaxe de conceptos e outra parte de preguntas de desenvolvemento que valora a aprendizaxe de coñecementos. |
Seminario | Traballo práctico de aprendizaxe colaborativa en pequenos grupos sobre algúns dos temas da materia. |
|