Queda expresamente prohibido o uso de dispositivos móbiles na aula sen autorización previa. Recomendacións para o correcto seguimento da materia- O alumnado deberá planificar o seu traballo ao longo de todo o curso seguindo a materia de forma continuada e realizando as tarefas indicadas en tempo e forma correctas.
- O esforzo continuo permitiralle levar a materia de forma cómoda, consolidar os novos coñecementos apoiándose nos anteriores e asumir un ritmo de traballo axeitado seguindo as pautas e indicacións do profesor.
- O estudo individual da materia deberá ir ao mesmo tempo co temario e actividades que se desenvolvan na aula.
- Recoméndase un mínimo de 4 horas de traballo autónomo por cada 3 horas presenciais.
- Dada a complexidade do idioma alemá para alumnos/as hispanofalantes recoméndase especialmente que se leve unha asimilación e estudo dos conceptos adecuado para evitar as présas e falta de tempo a final de curso.
- Recomendase a asistencia á titorías personalizadas ao longo do curso para resolver problemas ou dúbidas individuais.
Espérase do alumnado: • Activa e regular asistencia e participación na aula. • Traballo constante e preparación previa e posterior das clases. • Lectura da bibliografía recomendada. Medidas de apoio á diversidade (ADI) A materia poderá ser adaptada ao estudantado que requirada adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade.
Poderán pedir asesoramento ao profesorado, á persoaresponsable da Facultade de Turismo e/ou á Unidade de Atención á Diversidade(ADI): http://www.udc.es/cufie/adi/ (tel. 881015622; email: adi@udc.es).
Deberán contactar cos servizos dispoñibles nos prazosoficiais estipulados (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/).
Normativa en materia de igualdade
Dacordo coa normativa en materia de igualdade, nesta materia aplícase a perspectiva de xénero mediante linguaxe non sexista e inclusivo, bibliografía de autores/as de ambos os sexos, etc. Así mesmo fomentaranse valores de respecto e igualdade e en caso de detectarse situacións de discriminación por razón de xénero, adoptaranse as accións e medidas necesarias para corrixilas.
|