Guía DocenteCurso Facultade de Humanidades e Documentación |
Grao en Xestión Industrial da Moda |
Asignaturas |
Fundamentos de Economía: Industria da Moda |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Fundamentos de Economía: Industria da Moda | Código | 710G03003 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Aprendizaxe colaborativa | A2 A7 B5 B6 B7 C7 C8 | Esta actividade forma parte da avaliación continua. Valoraranse os coñecementos e habilidades amosadas polo alumnado no desenvolvemento dun traballo tutelado en pequenos grupos para a avaliación do cuarto módulo do programa. | 30 |
Proba obxectiva | B1 B2 B3 B4 B5 | Valoraranse os coñecementos e competencias mostradas polo alumnado no exame final proposto polo equipo docente. | 40 |
Proba de resposta múltiple | B1 B2 B3 B4 B5 | Esta actividade forma parte da avaliación continua. Valoraranse os coñecementos e habilidades amosadas polo alumnado na realización de probas obxectivas (parciais) dos tres primeiros módulos do programa, cunha puntuación máxima de 3 puntos. | 30 |
Observacións avaliación | |||
Os criterios de avaliación son os seguintes: 1. Calificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participen en actividades de avaliación que teñan un peso inferior ao 20% da nota final, independentemente da calificación acadada. 2. Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: a) Segunda oportunidade: As condicións de avaliación da segunda oportunidade (artigo 18, apartado 5, das Normasde Avaliación, Revisión e Reclamacións das Calificacións dos Estudos de Grao e Mestrado) dictaminan que a segunda oportunidade deber garantir a posibilidade de superación da materia polo estudante, polo que compre modificar as porcentaxes de calificación respecto da primeira oportunidade. Así mesmo, a actividade da segunda oportunidade consistirá nun único exame final que representará o 100% da nota final e que se realizará na data do calendario oficial. Neste exame final: a) O traballo tutelado (aprendizaxe colaborativa) da primeira oportunidade será substituído por unha pregunta de redacción para avaliar o cuarto módulo do temario. b) Os exames parciais (proba de resposta múltiple) e o exame final (proba obxectiva) da primeira oportunidade serán substituídos por un exame obxectivo para avaliar os tres primeiros módulos do temario. Alternativamente, na segunda oportunidade, o alumno poderá conservar as cualificacións obtidas na avaliación continua da primeira oportunidade (cunha ponderación do 30% na nota final) e, neste caso, o exame final da segunda oportunidade representará a restante 70%. b) Oportunidade adiantada: As condicións de avaliación da oportunidade adiantada (artigo 19 das Normas de Avaliación,Revisión e Reclamacións das Calificacións dos Estudos de Grao e Mestrado Universitario) serán específicas para esta oportunidade. Esta será avaliada por medio dunha proba obxectiva que representará o 100% da calificación final. 3. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Na primeira e segunda oportunidade, os criterios de avaliación rexiránse dacordo á realización dunha proba obxectiva cun peso do 100% sobre a calificación final. Consistirá nunha proba obxectiva na que se incluirán cuestións teóricas e prácticas nas que os estudantes terán que demostrar ter alcanzado as competencias e os resultados de aprendizaxe da materia. 4. Sobre condicións de avaliación final: Está prohibido acceder á aula de exame concualquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información. 5. Identificación do estudante: O alumno deberá demostrar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente. Outras observacións de avaliación. Sobre mínimos nos criterios de avaliación: no conxunto, o estudante deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos para superar a materia. Sobre copias, plaxios ou outras faltas: afectará á convocatoria na que se comete a falta e respecto do asunto en que se cometeu. Polo tanto, o alumno ou alumna será cualificada con "suspenso" (nota numérica 0) na correspondente convocatoria do curso académico, tanto se a infracción se comete na primeira oportunidade como na segunda. Para iso, modificarase a súa valoración no informe de primeira oportunidade, se é necesario. |
|