Guía DocenteCurso Facultade de Humanidades e Documentación |
Grao en Xestión Industrial da Moda |
Asignaturas |
Fundamentos de Xestión da Empresa de Moda |
Metodoloxías |
|
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Fundamentos de Xestión da Empresa de Moda | Código | 710G03004 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 9 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Proba mixta | Exame parcial e exame final, que poderán combinar diferentes tipoloxías de preguntas (preguntas de resposta breve, preguntas de ensaio, exercicios prácticos e preguntas obxectivas ou tipo test). |
Traballos tutelados | Análise en grupo dunha empresa de moda que será realizada ao longo do curso académico (especialmente durante o 2º cuatrimestre) e presentada na aula ao final deste. |
Estudo de casos | Resolución, individual ou en grupo, dos casos propostos. Estes casos iranse detallando ao longo do curso, conforme ao plan de traballo. |
Prácticas a través de TIC | Resolución de casos prácticos, de forma individual ou en grupo, a través de programas informáticos (ex. Excel). |
Seminario | Realización de seminarios con profesionais expertos en temas da materia, sempre que sexa posible. |
Saídas de campo | Visita a unha empresa de moda durante o 2º cuadrimestre, sempre e cando as condicións sanitarias o permitan. |
Solución de problemas | Resolución de problemas de natureza teórica e práctica. |
Sesión maxistral | Presentación dos contidos que conforman o marco teórico da materia mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e da introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa fin de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento. Cada un dos temas irá precedido dunha contextualización, onde se detallarán os contidos que se verán en cada un deles, así como a súa relación con outras materias do Grao, dado o carácter introdutorio desta materia. |
Presentación oral | Presentación oral, de forma individual ou en grupo, de traballos realizados na aula ou de estudos de casos que deberán entregarse por escrito. |
Discusión dirixida | Mediante esta dinámica abordaránse diferentes temáticas enfocadas a que o alumnado reflexione sobre diferentes aspectos da materia e adopte unha posición crítica. |
Lecturas | Lecturas sobre diferentes temáticas para abordar e/ou profundar nas cuestións abordadas na aula. |
|