Guía DocenteCurso Facultade de Humanidades e Documentación |
Grao en Xestión Industrial da Moda |
Asignaturas |
Xestión Sustentable da Cadea de Valor da Moda |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Xestión Sustentable da Cadea de Valor da Moda | Código | 710G03018 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Sesión maxistral | A1 A2 A16 A17 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 C4 C5 C6 C7 C8 C9 | ASISTENCIA: 10% da nota final. A asistencia ás sesións maxistrais, así como a clases prácticas, representarán o 10% da nota final. Tamén se valorará a asistencia en función da participación na clase (debate, pregunta, resposta, opinión razoada). |
10 |
Proba de resposta múltiple | B1 B5 B9 C6 C9 | PROBA DE OPCIÓNS MÚLTIPLES: 50% da nota final. Test ou proba de elección individual. Cada resposta incorrecta reducirá a puntuación final. |
50 |
Presentación oral | B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 C4 C5 C6 C7 C8 C9 | Os estudantes aplicarán os fundamentos teóricos da materia realizando un proxecto práctico en equipo. O obxectivo do proxecto é que os estudantes aprendan a tomar decisións e a sopesar a repercusión que tales decisións xeran nun contexto de cadea de valor sostible, desde unha perspectiva de análise 360º, e para cada un dos eslabóns da cadea e a relación de stakeholders implicados. Os proxectos (e os seus avances) serán presentados e expostos publicamente por cada equipo en sesión presencial e plenaria. Só se cualificará aos membros do equipo que participen activamente tanto na elaboración do proxecto práctico como na presentación/exposición oral na aula. |
40 |
Observacións avaliación | |||
Avaliación 1a Oportunidade. Para a avaliación da parte teórica recurrirase a un exame tipo test (proba obxecta de múltiple resposta) (50% nota) con varias alternativas de resposta, onde os erros restarán puntuación para evitar o "efecto lotería". A fórmula é NOTA = (respostas correctas x 1) - (erros/k-1), con k= numero de opcións de resposta. Os puntos obtidos netos trasladanse a unha nota en escala 0-10. Dedicación a tempo parcial e dispensa académica (exención de asistencia): no caso de alumn@s con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, empregaránse as plataformas Moodle e MS Teams, así como o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos, titorías e a entrega de traballos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, mais terán a mesma obriga de realizaren actividades e de acudiren a calquera tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo completo. Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de fechas compatible coa súa dedicación. O proceso de avalaición de 2a oportunidade é exactamente o mesmo que para a 1a oportunidade: gárdase a nota práctica (obtida nos traballos/proxectos) e @ alumn@ fará un novo exame tipo test, de idénticas características ás descritas anteriormente. En caso de convocatoria extraordinaria, a avaliación será únicamente con exame tipo test (proba obxecta de múltiple resposta) (100% nota) con varias alternativas de resposta, onde os erros restarán puntuación en base á formula PUNTOS NETOS = (respostas correctas x 1) - (erros/k-1) con k= numero de opcións de resposta. Os puntos netos obtidos netos trasladanse a unha nota en escala 0-10. Considerarase como “Non presentado” (NP) aquel estudante que, estando matriculado, non concorrese ás distintas actividades de avaliación (continua/practica e/ou exame/test) que se establezan para o curso académico. PLAXIO/COPIA. A realización fraudulenta das probas ou actividades de |
|