Para superar a materia, o alumno deberá obter unha cualificación mínima de 5 sobre 10 no resultado resultado de combinar as cualificacións da proba obxectiva e as prácticas de laboratorio. Para poder facer a media entre os dous notas o alumno deberá obter unha nota mínima de 3,5 na proba obxectiva. Se non obtén esta nota mínima, a nota da materia será a correspondente á nota da proba obxectiva.
Estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica:
Indicar ao profesor a situación deste tipo de estudantes. A entrega dos traballos tense que realizar nas datas establecidas para todos os estudantes.
Segunda oportunidade e Convocatoria adiantada:
O estudante ten que realizar o exame da asignatura nestas convocatorias, sendo os criterios para obter a nota total da materia, os indicados ao principio deste apartado. Poderá entregar o traballo tutelado, o haxa ou non entregado con anterioridade, e a nota do traballo entregado substituirá á que teña previamente neste apartado. En canto á nota obtida nos traballos en clase, manterase, non podendo recuperarse a parte da nota que se corresponde co traballo feito nas clases.
Plaxio:
En calquera entrega na que se detecte plaxio, a entrega será valorada cun cero. O plaxio na proba obxectiva será sancionado de acordo con a normativa vixente da universidade.
En caso de detección de plaxio en calquera avaliación ou en calquera dos epígrafes avaliables, considérase a materia como suspensa (nota numérica = 0).