1ª Convocatoria: seguirase a avaliación continua. Para superar a materia o alumnado ten que participar obrigatoriamente de forma presencial na aula no seguimento guiado de todas as actividades propostas. Os estudantes que non sigan a
avaliación continua poden optar a unha proba mixta que terá unha nota do 100%.
2ª Convocatoria: a proba mixta terá unha cualificación do 100%.
Convocatoria adiantada (decembro): a proba mixta terá unha cualificación do 100%.
Os alumnos con dispensa académica e a tempo parcial as probas serán as mesmas que as establecidas para o resto dos alumnos. Na segunda oportunidade e adiantada de decembro deberán facer unha proba mixta cunha cualificación do 100%.
"A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación continua de face a calquera convocatoria".