A dispensa académica é aceptada. O estudante, cuxa presencia ao longo do cuadrimestre sexa insuficiente para realizar o seguimento do seu traballo, terá igualmente que elaborar e presentar as prácticas e o traballo tutelado para a súa valoración. O seguimento do devandito traballo efectuarase nas sesións de titoría. Neste caso, o proceso de avaliación da materia pode incluír ademais da presentación das prácticas e do traballo tutelado, unha sesión práctica individual ou en grupo, na que o estudante resolve manualmente e/ou co computador os problemas expostos pola profesora.
Para a segunda oportunidade pódese presentar o traballo pendente e mellorar o xa realizado. O seguimento realízase en sesións de titoría. A avaliación realízase mediante a presentación das prácticas e dos traballos tutelados pendentes e/ou mellorados. O proceso de avaliación da materia pode incluír, ademais da presentación das prácticas e do traballo tutelado, unha sesión práctica individual ou en grupo, na que o estudante resolve manualmente e/ou co computador os problemas expostos pola profesora.
Os criterios deavaliación da convocatoria adiantada de decembro serán os mesmos que os dasegunda oportunidade do ano anterior.
A fraude comprobada en calquera actividade de traballo, proba ou avaliación dará lugar directamente á calificación de suspenso de "0" na actividade de traballo, proba ou avaliación de que se trate, sen posibilidade de volver presentala na convocatoria extraordinaria ou avanzada