O estudante só se debe presentar á proba obxectiva na data aprobada pola Xunta de Escola da EPEF se non superase a avaliación continua. Só deberá presentarse a aqueles controis do devandito exame que necesite para alcanzar a mínima nota global para aprobar a materia: 5.0
Na convocatoria de segunda oportunidade aplicaranse os mesmos criterios de avaliación que na primeira oportunidade. É dicir, as notas obtidas nos controis e traballo tutelado durante a avaliación continua conservaranse e só deberá presentarse a aqueles controis que necesite para alcanzar a mínima nota global para aprobar a materia: 5.0
O alumnado con dispensa académica estará exento de asistir ás sesións maxistrais e prácticas de laboratorio. A súa cualificación realizarase da seguinte maneira:
- Traballo tutelado. Poderá presentarse en forma individual no canto de en grupo. O prazo de presentación será o mesmo que para o resto do alumnado.
- Proba obxectiva. Deberá realizar o exame nas datas aprobadas pola Xunta de Escola da EPS de Ferrol, as cales aparecen na páxina web da Escola.
No caso da convocatoria adiantada de decembro realizarase só unha proba obxectiva con preguntas de desenvolvemento sobre os contidos da materia.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0’ na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria. Como se indica no artigo 11 apartado 4b) do Regulamento Disciplinar do Estudantado da UDC o/a estudante obterá a "cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con suspenso (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa calificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario."