Para ser avaliado/a, o/ a alumno/a deberá ter entregado o proxecto formativo, o informe profesional e a memoria final de prácticas correctamente cumplimentada, con anterioridade ao inicio do período de avaliación de dita oportunidade, seguindo o "Procedemento para a xestión de prácticas externas do estudantado do centro (EPEF)".
Para calcular a nota final, valorarase fundamentalmente o informe do titor profesional: partindo dun 10, restarase 0,3 puntos por cada escalón que baixe de "Excelente" en cada criterio de avaliación. O resultado poderá modificarse en +- 0,5 puntos en función do contido da memoria final de prácticas.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, terá as implicacións contempladas na normativa vixente (Regulamento disciplinar do estudantado da UDC).
Non se admite a dispensa académica. A avaliación en 2ª oportunidade e na convocatoria adiantada (decembro) será igual que en 1ª oportunidade.
A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia será en formato virtual e/ou soporte informático, sen necesidade de imprimilos.