1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen
nesta materia: 1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático. 1.2. Realizarase a
través de Moodle,
en formato dixital
sen necesidade de
imprimilos. 1.3. De se realizar en papel:
-Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores.
2.- Débese facer
un uso sostible
dos recursos e
a prevención de
impactos negativos sobre o medio natural. 3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e
profesionais. 4.- Segundo se
recolle nas distintas
normativas de aplicación
para a docencia
universitaria deberase incorporar
a perspectiva de
xénero nesta materia. 5.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e
actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores
de respecto e igualdade. 6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón
de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. 7. Facilitarase a
plena integración do
alumnado que por
razón físicas, sensoriais,
psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso
axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. .
|