Teaching GuideTerm 2023/24
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos
 Subjects
  Character Design
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Case study A7 A17 A18 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B11 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 En relación ao estudo de caso avaliarase:
A profundidade do traballo individual.
A adecuación e xustificación dos exemplos achegados, baseándose en fontes bibliográficas, académicas, etc.
20
Guest lecture / keynote speech A7 A17 A18 B1 C8 Salvo nos casos de dispensa académica, valorarase a asistencia e participación activa nas sesións maxistrais. 10
Supervised projects A7 A17 A18 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B11 B12 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O traballo tutelado, entendendo por tal a entrega final que debe facer o alumnado a través do Moodle, así como os traballos parciais feitos na aula (que serán incorporados ao traballo final) constitúen o criterio fundamental de avaliación da materia, pois neles serán plasmados os coñecementos adquiridos ao longo das sesións maxistrais e do seminario.
Con respecto ao traballo titorizado terase en conta:
A aplicación dos contidos teóricos ao traballo.
A organización dos contidos.
O uso de exemplos ilustrativos.
O uso de bibliografía e fontes documentais.
60
Oral presentation A7 A17 A18 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B11 B12 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Tamén será tida en conta para a avaliación total a exposición que faga o alumnado do seu traballo final na última das sesións da materia, valorándose aspectos como a claridade expositiva, a capacidade de argumentación ou a xustificación e coherencia do traballo realizado en relación cos obxectivos marcados.
A presentación oral basearase na defensa do traballo titorizado.
Claridade expositiva
O alumnado deberá responder ás dúbidas e preguntas.
10
 
Assessment comments
Para a avaliación deste traballo final, ademais das cuestións de contido relativas á creación e deseño de personaxes, serán valorados positiva ou negativamente aspectos formais como a presentación e deseño do documento ou a calidade da expresión escrita, debido a que se trata de competencias básicas do alumnado universitario e de reproducir no posible os condicionantes de traballo profesionais. Para superar a materia deberá obterse un mínimo 3 puntos (30 sobre 100) no traballo tutelado e un 1 (10 sobre 100) no estudo de caso e un 0,5 (5 sobre 100) na presentación oral.

A forma de avaliación na convocatoria de segunda oportunidad e a convocatoria adiantada a decembro realizarase do mesmo xeito que a avaliación exposta no punto anterior.
Actuación contra o plaxio. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria.

Os alumnos/ as con dispensa académica deben contactar co profesor antes do 30 de xaneiro, a fin de acordar un intinerario personalizado que permita suplir as ausencias ás sesións maxistrais, horas de traballo en aula e á conferencia / masterclass planificadas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes