A materia "Empresa e Emprendemento" forma parte do plan de estudos do Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos. Impártese no segundo curso e trátase dunha materia obrigatoria de 3 créditos, o que representa 75 horas de traballo do estudante. Os seus descritores son: planeamento e viabilidade; organización e persoas; habilidades de dirección de equipos; recursos financeiros e técnicos; control de resultados. Esta materia pretende que o alumnado adquira a capacidade de plantexarse integralmente a creación e desenvolvemento dunha empresa, dende o plantexamento ata a execución. Por este motivo, os principais temas e núcleos de coñecemento que se abordarán están orientados ao estudo e análise da planificación, organización, dirección e xestión de recursos humanos.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.