Teaching GuideTerm 2023/24
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Subjects
  Computting
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Mixed objective/subjective test A3 B2 C1 C4 Proba final da materia que consistirá na realización dun exame individual en ordenador ou por escrito. Esta proba terá unha parte de teoría e outra de programación na que o alumno terá que contestar a preguntas e resolver diversos exercicios de programación.

Criterios de avaliación xerais:
* Respostas correctas e solucións adecuadas ás preguntas e exercicios da proba.

Nomenclatura empregada na sección de observacións para esta actividade:
PT: nota obtida na parte de teoría desta proba (40% da nota final).
PP: nota obtida na parte de programación desta proba (30% da nota final).
70
Problem solving A3 B2 C1 C4 Resolución de exercicios de programación de forma individual na aula. En concreto, realizarase unha proba avaliable deste tipo durante o curso na aula de informática empregando o computador.

Criterios xerais de avaliación:

* Adecuación dos exercicios entregados ás pautas expostas no enunciado.
* Calidade e eficiencia da solución exposta polo alumno.

Nomenclatura empregada na sección de observacións para esta actividade:
SP: nota obtida na proba de resolución de exercicios na aula (15% da nota final).
15
Supervised projects A3 B2 B4 C1 C4 Resolución dun ou varios traballos de programación de forma individual e autónoma, baixo a tutorización do profesor de prácticas correspondente. Será imprescindible entregalos en tempo e forma seguindo as pautas específicas do enunciado publicado en cada caso. Tamén será obrigatoria a asistencia a unha sesión que consistirá na revisión do exercicio entregado e na cal se realizarán preguntas ao alumno sobre o mesmo. A non asistencia a esta sesión de revisión terá o mesmo efecto que se non se entregase a práctica.

Criterios xerais de avaliación:

* Adecuación dos exercicios entregados ás pautas expostas no enunciado.
* Calidade e eficiencia da solución exposta polo alumno.
* Respostas adecuadas ás preguntas realizadas polo profesor.

Nomenclatura empregada na sección de observacións para esta actividade:
TT: nota total obtida nos traballos tutelados (15% da nota final).
15
 
Assessment comments

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes