Os traballos tutelados resoltos de xeito
individual ou colectivo, avaliaránse en función do traballo realizado polo
alumno. O profesor asignará unha nota según o grao de coñecemento e aprendizaxe
que mostre o alumno. Ademáis, valorarase a calidade dos traballos entregados,
tanto no seu aspecto técnico, como formal.
A nota obtida nos traballos tutelados sumarase á obtida na proba mixta, sempre
e cando o/a alumno/a acade nesta proba mixta unha nota igual ou superior a 3
puntos sobre 7. En caso contrario, a nota final da materia estará constituida únicamente pola nota do exame.
Para poder presentar os traballos
tutelados será preciso asistir ás clases, salvo causa debidamente xustificada,
con unha asistencia igual ou superior a o 80%. Os alumnos repetidores poden optar a principio de curso a manter a nota do curso anterior correspondente a os traballos tutelados, e quedar exentos da asistencia ás clases (esta posibilidade só se aplica no curso seguinte á obtención da nota dos traballos, e sempre que se cumprira o requisito de asistencia do 80% no curso de obtención da citada nota).
A nota dos traballos tutelados conservase para a convocatoria de xullo
correspondente á segunda oportunidade. Aqueles alumnos que non entregaran os
traballos tutelados na primeira oportunidade non terán oportunidade de facelo
na segunda, e polo tanto a nota final estará constituida únicamente pola nota
da proba mixta.
A realización fraudulenta (plaxio, copia,
etc.) das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a
cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria
correspondente, invalidando ademáis calquera calificación obtida en todas as
actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.
A nota da convocatoria adiantada
(decembro) estará constituida únicamente pola nota acadada na proba mixta
(exame).
Os alumnos con dispensa académica ou a
tempo parcial estará eximidos da obrigatoriedade do 80% de asistencia.