A parte de Máquinas Térmicas ten un peso do 60% da nota media e a de
Máquinas Hidráulicas do 40%. Para aprobar a materia o alumno necesita
unha nota media igual ou superior a 5 en cada unha destas dúas partes.
Ademais, o exame de cada parte da materia dividirase en teoría e
problemas cun peso do 50% cada unha en Máquinas Hidráulicas e de 60% en
problemas e 40% en teoría en Máquinas Térmicas, sendo necesario obter
unha nota mínima de 3.5 en cada unha de de as partes para que se poida
cualificar o exame.
Na convocatoria da primeira oportunidade
faranse dúas probas mixtas: unha ao finalizar a parte de máquinas
térmicas e outra ao finalizar a parte de máquinas hidráulicas. Para
superar a materia, será necesario aprobar ambas as probas e, no caso de
aprobar só una delas, liberarase dita parte e gardarase a nota para a
convocatoria de segunda oportunidade. Na convocatoria de segunda
oportunidade, examinarase da parte que non superou ou de ambas as
partes, caso de ser necesario.
As prácticas de laboratorio son obrigatorias e imprescindibles para que o alumno poida aprobar a materia.
Aqueles
alumnos que se presenten á convocatoria adiantada, ten que cumprir os
mesmos requisitos esixidos nas convocatorias ordinarias para superar a
materia: realización obrigatoria das prácticas de laboratorio en cursos
anteriores, nota mínima de 3,5/10 nas partes de teoría e problemas, e
nota final igual ou superior a 5/10 tanto na parte de Máquinas Térmicas
como en Máquinas Hidráulicas. Nesta convocatoria a proba mixta terá un
peso do 100%.
Aqueles alumnos con dispensa académica, deberán realizar:
As prácticas de laboratorio.
Os traballos tutelados.
A proba mixta .
Con
todo as alumnas e os os alumnos con dispensa académica poderán acordar
coas e os docentes da materia datas alternativas para a realización dos
traballos tutelados.