Teaching GuideTerm 2023/24
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Subjects
  INFORMÁTICA
   Methodologies
Methodologies Description
Mixed objective/subjective test Proba de avaliación que se realizará nas correspondentes oportunidades das convocatorias oficiais. Consistirá nunha proba en ordenador ou escrita na que será necesario responder a diferentes tipos de preguntas e resolver problemas de programación.
Guest lecture / keynote speech Actividade presencial na aula ou remotamente a través das TICs que serve para establecer os conceptos fundamentais da materia. Consiste na exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais/multimedia e a realización dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, co fin de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Poderase hibridizar esta metodoloxía cunha metodoloxía de aprendizaxe colaborativo.
Problem solving Desenvolvemento de prácticas no laboratorio de informática. Esta actividade consistirá no estudo de casos e exemplos ademais da realización, por parte do alumnado, de exercicios de programación. Un dos días, os exercicios de clase serán avaliados coa finalidade de analizar o progreso do alumnado e incentivar o traballo continuo.
Supervised projects Realización por parte do alumno dun ou varios traballos de programación ao longo do cuadrimestre, de forma autónoma e titorizados polos profesores. Cada traballo deberá de ser entregado antes da data límite indicada no enunciado e será avaliado mediante a corrección por parte do profesor e cunha revisión na que se lle realizarán preguntas ao alumno.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes