Teaching GuideTerm 2023/24
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Subjects
  INFORMÁTICA
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Problem solving A3 B2 C1 C4 Resolución de exercicios de programación de forma individual na aula. En concreto, realizarase unha proba avaliable deste tipo durante o curso na aula de informática empregando o computador.

Criterios xerais de avaliación:

* Adecuación dos exercicios entregados ás pautas expostas no enunciado.
* Calidade e eficiencia da solución exposta polo alumno.

Nomenclatura empregada na sección de observacións para esta actividade:
SP: nota obtida na proba de resolución de exercicios na aula (15% da nota final).
15
Supervised projects A3 B2 B4 C1 C4 Resolución de traballos de programación de forma individual e autónoma, baixo a tutorización do profesor de prácticas correspondente. Será imprescindible entregalos en tempo e forma seguindo as pautas específicas do enunciado publicado en cada caso. Tamén será obrigatoria a asistencia a unha sesión que consistirá na revisión do exercicio entregado e na cal se realizarán preguntas ao alumno sobre o mesmo. A non asistencia a esta sesión de revisión terá o mesmo efecto que se non se entregase a práctica.

Criterios xerais de avaliación:

* Adecuación dos exercicios entregados ás pautas expostas no enunciado.
* Calidade e eficiencia da solución exposta polo alumno.
* Respostas adecuadas ás preguntas realizadas polo profesor.

Nomenclatura empregada na sección de observacións para esta actividade:
TT: nota total obtida nos traballos tutelados (30% da nota final).
15
Mixed objective/subjective test A3 B2 C1 C4 Proba final da materia que consistirá na realización dun exame individual, en ordenador ou por escrito. Esta proba terá unha parte de teoría e outra de programación na que o alumno terá que contestar a preguntas e resolver diversos exercicios de programación.

Criterios de avaliación xerais:
* Respostas correctas e solucións adecuadas ás preguntas e exercicios da proba.

Nomenclatura empregada na sección de observacións para esta actividade:
PT: nota obtida na parte de teoría desta proba (40% da nota final).
PP: nota obtida na parte de programación desta proba (30% da nota final).
70
 
Assessment comments

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes